Sunday 07 de July de 2024

Preocupación no Partido Popular de Sada pola previsible falta de Policía Local na noite de San Juan.


O Partido Popular de Sada leva denunciando desde hai tempo a falta de policía local no concello, especialmente nas quendas da noite.
É por iso que nunha noite como a de San Juan, a seguridade debería estar garantida con patrullas, axentes e reforzos necesarios.
O San Juan atrae gran afluencia de xente tanto á sardiñada como ás fogueiras do areal, sumada este ano á celebración dun evento nun coñecido local de hostalería, por un popular organizador de festas, e que mobilizará a moitas persoas, sobre todo mocidade ata altas horas da madrugada.

“Non contar con Policía Local esa noite sería unha preocupante falta de responsabilidade e de respecto cara aos veciños, os visitantes e os negocios de Sada.” comenta Esperanza Arias portavoz do Partido Popular.
“Insto o Señor Portela a que isto non ocorra, aínda estamos a tempo “.- conclúe a Popular.
O Grupo Municipal do Partido Popular preguntará no próximo Pleno sobre o desenvolvemento e posta en práctica da memoria técnica de seguridade cidadá e Plan de emerxencia para este evento.